RSS

MARCELINO SISTO DEIBE: Loaira serodia

17 Jun

 

 img303-aimg304aimg305a

 MARCELINO SISTO DEIBE

Loaira Serodia

Non sentín ningunha vergoña ó dicirlle ao autor que non entendía o título do libro.

Marcelino Sisto, ten corenta e seis premios, metade e metade de poesía e narrativa; e un libro editado: Aegean Sea; e forma parte doutros libros colectivos.

 Sempre próximo e con ganas de facer que o entendera, non dubidou en mo explicar.

 A ‘loaira’, díxome, é coma un halo de luz que exploxiona, una raiola que asoma no medio da escuridade; e ‘serodia’ un tempo tardío, demorado pola propia vida.

Temos entón, esa raiola que chega cando debe chegar, aínda que podería ter chegado antes.

 Loaira serodia, non é un poemario calquera; o que máis destaca e a súa linguaxe, vocábulos esquecidos (inda que non deostados) que acollen dentro dos versos o esplendor da súa orixe, a fonética singular da nosa lingua, o mel e o canto dunhas palabras que nos levarán ao : “dicionario de dicionarios” para mellor pisar as uvas deste lagar que hoxe nos doa a Deputación da Coruña, o verter nas nosas mans o libro de Marcelino Sisto Deibe.

 Encontreime  en, Loaira serodia, sorpresas e maxia. Sorpresas que veñen pareando cos poemas, mellor dito, que veñen anunciándoos, como un cortexo que abrira camiño ao máis fermoso dicir: o poema.

É fantástico poñerse no lugar que inspirou os poemas, coñecer o porqué foron escritos, por iso, sorprende, despois do limiar, ler cada verso como se fóramos nós a escribilo.

A maxia, da que falaba, vén de saborear os diferentes temas que con carácter épico pódense nel atopar, Ferrol, amor, bágoas, dor, verdade, dignidade, natureza… todo o que un home pode chegar a sentir no seu peito de poeta, no seu pincel de pintor (porque, Marcelino, tamén pinta e debuxa con boa arte).

 Coa dignidade que dá a xenerosidade, Marcelino Sisto, dedica os cartos que se recaden coa venda do libro, a entidade: Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, ASANOG.

Cun limiar de, Antón Cortizas, pon a guinda a editora do poemario.

Deste modo, non hai trabas para ir, verso a verso, palabra a palabra, amando a Loaira Serodia, dun, Marcelino, lexítimo, tenro y poeta.

LOAIRA SERODIA: Para ler e gozar ¡sen dúbida!

Parabéns, meu querido amigo, Marcelino, por esa: Loaira Serodia.

Anuncios
 

Etiquetas: , , , , , , , ,

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: